11/6/13

Mapoulas de Castela

Campos de Castilla... aló vai un mes desde que fixen esta fotografía, á primeira hora da tarde, camiño de Galicia. Era un día luminoso. Que gana teño xa de sol e de luz...

16/3/13

Fracaso escolar????

En tempos nos que a ultradereita madrileña máis perversa, pervertida e vergonzante ataca directamente ao profesorado de ensino primario coa finalidade oculta de privatizar as substitucións, despachándose a bolsa de interinos cun menosprezo inimaxinable, nas Cortes de Valencia (en comisión parlamentaria) invitan a unha profesora, cos pés na terra, a falar de fracaso escolar (cousa de por si bastante inaudita, o de que chamen a un docente a eses foros). É tan clara a súa exposición como evidente a incomodidade que esperta nos seus oíntes, os deputados  e deputadas valencianos que a escoitan. Un vídeo que lle dá un bo repaso ao estado da educación neste país, que aquí non se salva ningunha CCAA... de obrigado visionado, e ata o final... un master para evitar o fracaso escolar, ou o que demo sexa iso. 

14/3/13

Franco Battiato en Carne Cruda

Excelente momento de radio, Carne Cruda entrevista a Franco Battiato (14/03/2013). Agradecida...

Defender o Ensino Público, con unllas e dentes, e con sentido do humor

 
Sentido do humor (negro), e algunha licencia, pero moi bo traballo a favor da Escola Pública, esta curta realizada por profesores y alumnos do CEIP Vicente Ferrer de Valderrobles (Teruel) en colaboración co IES Mantarranya. Parabéns! Dura vinte minutos, pero pagan a pena... 

24/2/13

Praza da Quintana mollada pola chuvia


"Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa."
Rosalía de Castro. Cantares Gallegos

14/1/13

Lectores de prensa

Quen dixo que non interesan as noticias, a información??? Velaquí un exemplo de lectura ao aire libre, ben atenta... A Arcada, Praza da República, Braga, un día de comezos de xaneiro. Ía frío... 

1/1/13

"Qualsevol nit pot sortir el sol"

Porque, efectivamente, calquera noite pode saír o sol, vou probar a convocar con Jaume Sisa a todos eses personaxes que axudan a que cada unha das nosas noites sexa menos negra... 

Variacións Ribeira Sacra (decembro 2012)





Aínda o inverno non gañou de todo nas ladeiras da Ribeira Sacra...