17/5/11

Do Día das Letras, de dicionarios e demais....

Hoxe foi (aínda é) o Día das Letras Galegas... de volta á casa, á noitiña, escoito na radio galega un resumo do acontecido a nivel institucional, oficial, combativo, oportunista???.... máis ca nada, para poñerme ao día, e ter conversación... Coma estes días estiven a ler un libro de Fred Vargas, "El hombre del revés", collinlle gusto a isto de xogar co dicionario, que tiña importante presenza nesta novela... e non se me ocorreu outra cousa que acudir ao ABELCEBÚ, de Carlos Negro... e buscar a palabra hipocrisía, a ver como se lle ocorrera definila ao poeta... pois si señor, moi acaida a todo o que veño de escoitar...

HIPOCRISÍA: Señora de mundo que escolle a maquillaxe máis axeitada para cada interlocutor e circunstancia.


(Por certo, a imaxe que atopo na prensa dixital, é moi expresiva... velaquí a cerimonia coa que se quere convencer ao persoal de que falar, escribir ou ler en galego é algo desexable... son eu, e escapo correndo....)

No hay comentarios: