20/1/11

Reclinatorios...

De pequena, gustábanche... atraíache a cor do veludo, con aqueles brillos nas partes máis gastadas polos xeonllos da túa tía... asombrábache que, non estando ela, ninguén se atrevese a collelo e utilizalo... abraiábache que naquela pequena igrexa de aldea, cada casa tivese o seu reclinatorio...alí postos todos xuntiños mirando para o altar, e só ao final, unhas vellas bancadas para os homes e os rapaces... escangalladas e escuras...