28/12/09

De inverno a inverno




Un programa televisivo lévame a revisar en imaxes este ano que remata... Hainas fermosas, entrañables, de amizade... Hai un ano, pasaba frío en terras de Castela... Esta última, en viaxe, representa como poucas a aspereza das chairas palentinas en días de xeada... que virá cando a noite caia... aínda era media tarde entón.

5/12/09

Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet

Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…
1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.
3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.
4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.
6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, críbeis e asequíbeis e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.
8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.
9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.
NOTA: Este manifesto foi redactado conxuntamente por xornalistas, blogueiros e internautas. Se estás de acordo, difúndeo por todas as vías que poidas.
A versión en galego obtívena en Blogaliza

2/9/09

Operación Pandemia

Vía Brétemas accedo a este documento... pero a información xa estaba por aí, en letra pequena dos xornais, hai tempo... só hai que ir unindo pezas, e non ser inxenuo en exceso...

19/5/09

Mario Benedetti, sempre.

Currículum
El cuento es muy sencillo
usted nace
contempla atribulado
el rojo azul del cielo
el pájaro que emigra
el torpe escarabajo
que su zapato aplastará
valiente

usted sufre
reclama por comida
y por costumbre
por obligación
llora limpio de culpas
extenuado
hasta que el sueño lo descalifica

usted ama
se transfigura y ama
por una eternidad tan provisoria
que hasta el orgullo se le vuelve tierno
y el corazón profético
se convierte en escombros

usted aprende
y usa lo aprendido
para volverse lentamente sabio
para saber que al fin el mundo es esto
en su mejor momento una nostalgia
en su peor momento un desamparo
y siempre siempre
un lío

entonces
usted muere.

Defensa de la alegría

15/5/09

A palabra xusta...

Veño de atopar esto, nun blogue sobre poesía infantil... unha boa selección de escenas da película El tigre y la nieve... que non vira.

29/4/09

27/4/09

Novela negra




A librería barcelonesa Negra y criminal, especializada en novela negra, fixo no seu blog esta recomendación para o pasado 23 de abril...


La última caravana, Raúl Argemi, Edebe
Expedientes, Kate Atkinson, Circe
El dramaturgo, Ken Bruen, Via Magna editorial
Ardores de agosto, Andrea Camilleri, Salamandra editorial.
Un hombre intachable, Christian von Dirfurth. Pamies editorial.
Asi murió el poeta Guadalupe, Cristina Fallarás, Alianza.
Contrarreloj, Eugenio Fuentes, Tusquets
Los espías de Varsovia, Alan Furst, Seix Barral
El silencio de los claustros, Alicia Giménez Bartlett, Destino.
No hay que morir dos veces, Francisco González Ledesma, Planeta
Disparen sobre el pianista, David Goodis, RBA Serie Negra
El baile ha terminado, Julián Ibáñez, Roca Editorial
Garden of Love. Marcus Malte, Alea-Paidos
Mans LLiures, Jordi de Manuel, Edicions 62.
Muerte en Estambul, Petros Markaris, Tusquets
Corpus Delicti, Andreu Martín, Verticales de bolsillo
Muerte dulce, Félix G. Modroño, Algaida
Codex 10, Eduard Pascual, Roca editorial
La mala dona, Marc Pastor, La Magrana
El cielo llora por mi, de Sergio Ramírez, Alfaguara
Murió con los ojos abiertos, de Derek Raymond, Ámbar ediciones
Guantes de seda, Julio Manuel de la Rosa, Algaida
La llave que te dí, Agustín Santos, Brosquil ediciones
Lo contrario de la muerte, Roberto Saviano, Debate
Los secretos de Oxford, de Dorothy L. Sayers, Lumen
El fantasma de Stalin, de Martín Cruz Smith, Emecé.
Los crímenes de Ardeshir Villa, Kalpana Swaminathan, Siruela
Guiso caníbal, Ross Thomas, Alea-Paidos
El poder del perro, Don Winslow, Mondadori


Eu veño de rematar a lectura de Muerte en Estambul, de Petros Márkaris. Son xa unha adita a este escritor griego, pero de todos os que lle lin, foi este o que máis me gustou. Admiro a súa capacidade para construír unha historia con elementos aparentemente sinxelos e mesmo comúns, e levarnos da man a coñecer (ou espertar a curiosidade sobre....) unha parte da historia (nesta ocasión a dos conflictos entre Grecia e Turquía) que para min, cando menos, resulta totalmente lonxana.
Lin xa, tamén, Ardores de agosto, de Andrea Camilleri... aínda que me segue a gustar moito a serie de Montalbano, este non foi dos que máis me convenceu. O Salvo vaise facendo maior e mete a gamba máis do que parece creíble... será cousa de ver como arranxa, no próximo, os seus conflictos éticos do comisario.

Do resto da lista non teño moito idea... haberá que botarlle unha ollada...

26/4/09

progresistas??!!!


Miguel Ángel Cadenas, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en entrevista no diario El Pais, de 25 de abril de 2009:

"Para mí sería tener, y es como me siento, una especial sensibilidad. Nada más. Una especial sensibilidad en el aspecto personal, en el profesional y en el social. No se tiene esa condición de progresista por pertenecer a una determinada asociación, sino que es algo que se ha adquirido a lo largo de la vida, por las propias vivencias personales, familiares y fundamentalemente profesionales."

4/3/09

Barcelona dous



Gosto de pasear por eses espacios abertos á luz, á caza de lectores.



Visita a Barcelona


Un paseo polo "mercado da Boquería", unha festa de cores, unha galopinada....
Foron tres días en Barcelona, dous adicados ás Bibliotecas Escolares, en toda a súa intensidade, en toda a súa complexidade... fermoso encontro con xentes que traballan polo mesmo que traballo eu, con educadores (especialmente elas) e bibliotecarios (tamén especialmente elas), aínda que as circunstancias sexan distintas e os problemas diversos... a procura é común e iso une e vincula. Amizade en construción.
Barcelona estaba fermosa... fiquei con fame de volver...

19/2/09

Unha estrada de montaña, un coche, unha amiga, unha ladeira chea de almendros en flor, un aire cálido, unha paz... e máis nada.
Gran Canaria, xaneiro 2009