5/12/07

Xeografía da pedra












Gosto das pedras, dos grandes pelouros, das croios pequenos, das pedras con vida, dos muros de pedra, das pedras vellas das vellas casas derrubadas... Camiñar o interior do país é un adentrarse no que xa non é ou... no que será sempre, cando xa nada importe.

25/11/07

Canta, amor, baila!

Casualmente descubro en un texto infantil la siguiente frase, aparentemente superficial y ligera: "Si buscas algo que no haya en este mundo, corre, ríe, canta, baila. Canta, amor, baila; baila, amor, canta: ríe, amor, corre; corre, amor, ríe". Parece sólo un simple trabalenguas, pero derviches y sufíes no hubieran simplificado mejor con palabras la práctica del ser feliz con absoluta despreocupación.
Antonio Colinas: Tratado de harmonía.

18/11/07

... vivirte sete veces.

Esta será na morte
a miña única palabra:
quen me dera ser gata
para vivirte sete veces.
Olga Novo: Nós nus

4/11/07

Material delicado

Mañá soleada de novembro; sábado. Paseo o mercado de Santiago. Os labregos, xente práctica, xente "en exterminio" ao dicir de X.M. Beiras (escoitado nunha entrevista na radio galega, 1 de novembro, na feira de Monterroso), saben reutilizar os instrumentos todos e buscarlle novas finalidades cando o tempo apreta, mentres pelexan a vida, á deriva entre o consumismo feroz que asolaga o mundo rural e unha cultura que desaparece...

14/10/07

Sendeiros

Pasadallo sobre un regato nalgún recuncho perdido preto de Taramundi.

"Se detuvo al final de una cuesta para recobrar el aliento. Entre las copas de los árboles se vislumbraban las espejeantes aguas del lago. Tenía sesenta y tres años. Necesitaba cinco más. En esos cinco años terminaría de escribir su gran obra, Historia de los senderos suecos. Con ese libro, mostraría al mundo entero que los senderos constituían uno de los instrumentos más importantes para estudiar civilizaciónes y culturas del pasado. Pero los senderos no eran sólo vías por las que caminar. Tal y como pensaba demostrar, con pruebas irrefutables y sólidos argumentos, existían además fundamentos filosóficos y religiosos que determinaban cómo y por dónde debían circular los senderos a través de un paisaje."

Henning Mankell. Antes de que hiele.

12/9/07

Estampas berlineas, V




Chegamos tarde... xa pasara por alí todo canto quisque precisa deixar a súa pegada no mundo....


10/9/07

Estampas berlinesas, IV


Berlin Hauptbahnhof. As novas estacións de tren, espazos nos que se aúna o consumo, a glotonería e o movemento contínuo... todo ben aderezado de modernidade... ao fondo venden trankimazín.

2/9/07

Estampas berlinesas,III


Un canto á arquitectura??? á vaidade ??? á postmodernidade??? En calquera caso... saben combinar o cristal e o aceiro como ninguén.... Dá medo pensar o que hai detrás de toda esta parafernalia... pero aí está, a maior gloria do capital....

29/8/07

Estampas berlinesas, II



Ler en calquera sitio, en calquera momento, mentres os guiris deciden se suben ou non... para conter a náusea, para non perder o tempo ou matalo definitivamente. Ler.

28/8/07

Estampas berlinesas, I

Berlín ficará na miña memoria inzada de bicicletas, de xentes tranquilas lendo en calquera recuncho, nos parques, nas escaleiras, nas terrazas... Lembrando este momento roubado, a mente, ese mono tolo, salta a Portugal e á voz doce de João Afonso, e daquel xixonés, David, carteiro en bicicleta de verdade... enamorado dos contos.

Carteiro em bicicleta
Quando for grande vou ser
quero ser um realejo
ter um pedaço de terra
fogo que salta ao braseiro
dormir no fundo da serra
quero ser um realejo

Carteiro em bicicleta
leva recados de amor
vem o sono com a música
ao som do realejo

Quando for grande vou ser
quero ser um realejo
ter um burro viola e cão
chamar a dança dos sapos
correr com a bola na mão
quero ser um realejo

Carteiro em bicicleta
leva recados de amor
vem o sono com a música
ao som do realejo

Quando for grande vou ser
quero ser um realejo
colher amêndoa em telhados
dar banana às andorinhas
dobrar o cabo do mundo
quero ser um realejo

Carteiro em bicicleta
leva recados de amor
vem o sono com a música
ao som do realejo

11/8/07

Xogo simbólico

Entre Samos e Triacastela, un pobo á beira da estrada.... fermosísima arquitectura popular en abondono, destrozos, "feísmo" en estado puro... e a carón dunha fermosa porta cangada de anos, o sinal dun neno, dunha nena???, que xoga e medra nun país que xa non é.... Xuro por Santa Catalina de Siena, se fai falta, que non é unha perfomance.

15/6/07

Nocturno manchego



Hai nomes que resoan na miña mente dende a infancia, coa rotundidez do castellano, con evocadora forza literaria ou histórica... Almagro soa a Mancha, a calor, a teatro clásico español, a corral de comedias, a soidade... camiñar polas rúas dos pobos castellanos ou manchegos é camiñar polos textos que lía de nena... á noite é todo aínda máis literario.

27/5/07

Adriana Calcanhoto


Fun ver a Adriana Calcanhoto ao auditorio: un concerto cheo de cancións lindas, un pouco frío ao principio... moitas das letras tiraban a dar aos corazóns machucados...pero cun aquel de xogo que fai todo máis levadeiro. Gustoume.

26/5/07

Amores uruguaios I: Alfredo Zitarrosa




Yo no canto por vos,

te canta la zamba

y dice, al cantar,

no te puedo olvidar,

no te puedo olvidar.

Yo no canto por vos,

te canta la zamba

y cantando así

canta para mí,

canta para mí.


Hoxe tocoume escoitar a Alfredo Zotarrosa, un dos meus tres amores uruguaios. Volvo a Zitarrosa periodicamente, especialmente en tempos de introspección e de añoranzas... as súas letras... e moi especialmente a súa voz, teñen capacidades terapéuticas contrastadas... por min.

18/5/07

Día das letras en Compostela

Día das Letras no Toural, ás 12,00h. Unha tristeza!!
Cumprín co meu ritual persoal e fun mercar un libro galego, ese día... eu que son obxectora dos rituais máis coñecidos, as BBC e outros varios. Pero esta teima venme de vello... Agardo que o día lles fose fructífero aos valentes libreiros que intentaron darlle vida á festa da lingua, máis parecida a un cabodano... por moitas que sexan as voces que pidan unha mudanza. A esta hora, nenos e mozos non había moitos, non....
Día das Letras lectivo e laborable!!!

6/5/07

¡Ni sharia ni golpe!

La protesta laica tiene nombre de mujer.
Miles de turcas encabezas las manifestaciones contra la concentración de poder en manos de los islamistas.
Diario El Pais, 6 de maio de 2007.
La mañana de Ivi
Ivi se despertó
La ventana cuchillo se despertó con ella.
Primero le pasó el cielo por delante Ivi sonrión.
Las gitanas trajeron el mar sujetándolo por las cuatro esquinas
Lo enrollaron y lo dejaron.
Llegaron las ciruelas amarillas pintaron de amarillo la habitación
Ivi cogió el cielo y se fue a Estambul
La alegría se apoderó de los que veían a Ivi en Estambul
Cuanto Ivi miraba le decía dibújame
Un céntimo le dice dibuja
Pasa el viento tras chocar con la torre de Gálata
Ivi resplandece.
Ilhan Berk. Mar de Galilea.

3/5/07

Auga de beber


Canta a fontiña
canta a fontela
i anque a canción é dela
ten unha cousa miña
pola que podo entendela

Uxío Novoneyra. Os eidos



1/5/07

Boa pregunta


Diario El País, 1 de maio de 2007. Cada vez me gustan máis as viñetas de El Roto.... que me gustan é un dicir... que son tremendamente lúcidas.... ou sexa, que son terribles.

Para compensar... busco o libro Cuartetas persas de Umar Jayyam:


147

No plantes en tí el arbol de la pena,

hojea siempre el libro de los goces,

que el tiempo que te queda en este mundo

no puede ser más fácil de medir.


256

Todo el mundo es ficción e imagen vana,

e imágenes así somos nosotros.

Bebe, amigo, y alégrate, que así

te libras de imposibles reflexiones.


Cuestión de discreción

Cuando tengas ganas de morirte
esconde la cabeza bajo la almohada
y cuenta cuatro mil borregos.
Quédate dos días sin comer
y verás qué hermosa es la vida:
carne, frijoles, pan.
Quédate sin mujer: verás.

Cuando tengas ganas de morirte
no alborotes tanto: muérete
y ya.

Mellor sería ocuparse dos xeranios...


Ou iso é o que afirma Chus Pato nun verso seu.... xenial: ocuparse dos xeranios, das mapoulas, das margaridas, das herbiñas do prado, das areas da praia, dos cantiños redondos dun recuncho que eu me sei aló por Corrubedo...

29/4/07

Tambasiàre

Iso é o que fago cando quedo na casa, as máis das veces... cando teño algo de tempo para min e non teño gana de seguir na mesma (con internet levamos o traballo para a casa... ); ollar fotografías, cambiar libros dun andel para outro, procurar un verso que me asalta, amorear papeis para ordenalos en mellor ocasión, poñer crema na cara, preparar un té, ver o correo... acaba a música... cambio o disco... mentres, a ringleira dos libros por ler segue medrando...